A Axencia
 

Galicia Media naceu en Santiago de Compostela en novembro de 1993 coa intención de satisfacer todas as necesidades de comunicación dos nosos clientes, ofrecéndolles un servizo integral, eficiente e personalizado.

Somos especialistas na elaboración de plans de medios e compra de espazo publicitario, tantos nos medios tradicionais como nos novos soportes dixitais. Buscamos as mellores canles para que as campañas dos nosos clientes alcancen o target final, optimizando ao máximo o orzamento dispoñible.

O equipo humano de Galicia Media, integrado por profesionais especialistas no eido da publicidade, deseño, comunicación… está en constante proceso de formación para ofrecer aos nosos clientes un servizo de Comunicación Integral, deseñando sempre unha estratexia única, pensada para cumprir cos obxectivos específicos de cada campaña.