CALIDADE

Galicia Media conta coa certificación ISO9001:2000 de Aenor, que avala a calidade do noso modelo de xestión. Ademais, a nosa preocupación polo medio ambiente fíxonos tamén merecedores da certificación ISO14001:2004.

A consecución destas certificacións é froito da implantación dunha política de calidade que se traduce nunha mellora da eficiencia e eficacia no desenvolvemento das actividades, produtos e servizos que Galicia Media ofrece aos seus clientes.
Tanto nós como os nosos provedores seguimos unha Guía de Boas Prácticas Ambientais marcada por Galicia Media e a súa política ambiental.

Asemade, a declaración ambiental de Galicia Media (ficheiro de 70MB), incluída nesta páxina web, ten como obxecto poñer de manifesto o noso compromiso por levar adiante unha mellora continua da nosa actuación ambiental, ao tempo que, como nela se recolle: “é unha maneira de responder ás necesidades informativas das partes interesadas externas e internas respecto ao comportamento ambiental da nosa organización, así como de comunicación dos aspectos ambientais significativos”.